jueves, 10 de marzo de 2011


9. DISPOSITIVOS DA COMUNICACIÓN. REDES.
  • Redes locais.
  • Topoloxía dunha rede.
    *Rede en anel.
    *Rede en estrela.
      
    *hub e switch.
  • Cableado dunha rede local.
    *Cableado coaxial.
    *Cableado UTP.
    *Cableado de fibra óptica.
  • Redes inarámicas.
  • Redes externas. Internet.
  • Redes privadas virtuais.
  • Conexión a través dunha liña telefónica.
    *Módems.
    *Tarxetas RDSI.
    *Módems ADSL.
    *Router.
  • Conexión a través de cable. 
  • Conexión vía satélite.
  • Conexión por ondas radioelétricas.
  • Conexión móbil
  • GSM.
  • *GPRS.
  • *UMTS.

  • 1 vídeo sobre o tema (facendo ligazón dende YouTube).
  • 1 texto con ligazón a unha páxina web que trate do tema.
REDES LOCAIS.
É un conxunto de ordenadores conectados entre sí,con a finalidade de compartir recursos e información. Todos os ordenadores e dispositivos dunha rede están conectados fisícamente mediante un cableado que os percorre un a un; a conexión deste cable a cada ordenador depende do tipo de cable empregado, pero sempre se realiza a través da tarxeta de red.Además desta tarxeta, é necesario que todos os ordenadores dispoñan de sofware adecuado,denominadosofware de rede.O protocolo utilizado nas redes locais é TCP/IP.

TIPOLOXIA DUNHA REDE:
Rede en anel: Trátase dunha rede pechada, na que todos os ordenadores están conectados a ela. A información circula nun sentido polo anel e cada ordenador analiza se é el o destinatario; se non fora así, deixará pasar a información ao seguinte e así sucesivamente. Trátase dunha rede bastante estable e cunha alta tasa de transferencia de información.
*Rede en estrela: Os ordenadores están unidos a través dun dispositivo específico. Trátase dunha rede moi estable, segura e cunha velocidade de transmisión alta. Empregan cables do tipo UTP.
*hub e switch:
 Hub: a este dispositivo chegan tódolos cabres da rede, un para cadaordenador e por cada dispositivo, e actúa de ponte entre todos eles; cando un ordenador envía información, o concentrador a reenvía a todos, para que o destinatario a tome e o resto a deseche.                    
Switch: ó igual que un hub, actúa de ponte entre todolos dispositivos da rede, pero, ademáis, é capaz de identificar cada ordenador ou dispositivo conectado, polo que non envía a información a todos eles, senon so ó destinatario, evitando deste modo sobrecargar a rede e as colisións de datos.
 2.Cableado dunha rede local.                                                                 
Cableado coaxial: Trátase dun cabre que está formado por un fío conductor central, protexido das correntes eléctricas externas pola malla de cobre. Este cabre resulta económico e pode acadar velocidades de transmisión media; a conexión ás tarxetas de rede realízanse mediante conectores BNC. Actualmente está en desuso.

Cableado UTP: Este cabre está constituído por catro pares de fíos dentro dunha mesma camisa: cada par de fíos está trenzado para evitar a interferencia eléctrica dos outros pares. Este tipo de cabre, que resulta económico e permite alcanzar unha boa velocidade de comunicación, necesita conectores RJ-45.
Cableado de fibra óptica:A fibra óptica transporta pulsos de luz a través de pequenas fibras de vidro, polo que non lle afectan as correntes eléctricas externas. Estos cables constan de dous fíos de fibra de vidrio protexidos por fibras de Kevlar e capas de plástico. Aínda que o seu coste económico é alto, permiten alcanzar velocidades de transmisión moi elevadas e a súa lonxitude pode ser moi extensa; necesitan os conectores ST de fibra óptica.
REDES INARÁMICAS:
Nas redes inarámicas, tamén denominadas Wifi, os usuarios conéctanse sen as limitacións que impón un cable, xa que os seus datos se transmiten polo aire; deste modo, conséguense gran liberdade de movementos.A velocidade de transmisión é baixa e varía segundo os protocolos utilizados.
REDES EXTERNAS.INTERNET
é un conxunto de ordenadores de ordenadores conectados entre si cuxa situación física pode estar en diferentes edificios,localidades e mesmo países; a este tipo de rede considéraselle como unha rede global.
REDES VIRTUAIS PRIVADAS 
 son un tipo de redes especiais, posto que utilizan a infraestrutura dunha rede externa, pero agregan unha serie de medidas de seguridade entre os ordenadores conectados de modo que a súa comunicación poida chegar a ser privada.
CONEXIÓN A TRAVÉS DUNHA LIÑA TELEFONICA

Modems.
son dispositivos que permiten enviar ou recibir información a travésdá liña telefónica convencional.Como o seu nome indica a súa misión consiste en modular o sinal dixital do ordenador en analóxica e demodular o sinal analóxico recibido para convertela en sinal dixital.
Antes algúns ordenadores eran externos, pero na actualidade son case todos 
internos;incluso algúns ordenadores téñeno incorporados na placa base.


  • Tarxetas RDSI: Ademais das liñas telefónicas convencionais, hai outras denominadas RDSIS. Entre as súas vantaxes fronte ás liñasRTC destacan a velocidade de transmisión e o feito de que a información que viaxa por elas é dixital, non analóxica. Ademais, estas liñas dispoñen de varias canles, polo que a conexión a internet non impide que se poida realizar ou recibir chamadas telefónicas.







  • Módems ADSL: A aparición da tecnoloxía ADSL supuxo unha revolución en canto á conexión a internet. Esta tecnoloxía permite o uso do fío de cobre dunha liña telefónica para a transmisión de datos de alta velocidade e, simultáneamente, para o uso normal dunha liña telefónica.



  • A evolución do ADSL trouxo consigo novas versións melloradas desta tecnoloxía, como son a ADSL2 e a ADSL2+, cun aumento substancial das velocidades de transferencia.









  • Router: Este dispositivo, tamén chamado enrutador, permite unir ordenadores (ten conectores RJ45) coma se fose un hub ou switch. Pero esta non é a súa única e principal función, posto que un router é capaz de buscar o camiño para poñer en contacto dous ordenadores que se queiran conectar, mesmo se estes están en distintas redes.



  • O router tamén se encarga de que a información que pasa por el non sexa enviada a todos os ordenadores conectados, senón unicamente aos seus destinatarios, evitando deste modo que exista transferencia de información innecesaria pola rede.









  • CONEXION A TRAVES DE CABLE









  • Outra forma de conectarse a internet consiste en utilizar un cable,habitualmente coaxial;con este de conexión conséguense altas taxas de transmisión. O inconveniente deste tipo de conexión é que necesita unha infraestrutura nova que non en todas as zonas gráficas está disponible.La conexión non se establece directamente entre usuario e o provedor. para poder utilizar a coñexion a través de cable ,además de dispoñer de cobertura é necesario un modem-cable.

    CONEXIÓN VÍA SATÉLITE

    A conexión vía satélite é outra alternativa para acceder a internet; en realidade, trátase dunha conexión híbrida, posto que o usuario recibe información vía satélite pero a envía pro un sistema terrestre. A filosofía é que o usuario aproveite a alta velocidade da conexión vía satélite para recibir grandes bloques de información, e que utilice calquera outra conexión terrestre para a petición de páxinas, o envío de correos electrónicos..., que representen un volume pequeno de información.

    COÑEXION POR ONDAS RADIOELÉCTRICAS
     De forma semellante á conexión de ordenadores nunha rede de área local inarámica, tamén é posible acceder a internet mediante ondas radioeléctricas, o que supón un abandono do punto de conexión específico e unha liberación en canto á mobilidade. Os usuarios establecen comunicación mediante ondas radioeléctricas de alta frecuencia. Dependendo da frecuencia, alcánzanse diferentes taxas de transferencia de información e distintas distancias de operatividade.
    COÑEXION MOVIL

    Foi evlolucionando para conseguir unha transferencia de información deinformación,de modo que poida ser utilizado non só para manter unha conversación telefónica,sino tambien para conectarse a internet e consultar información

    1. GSM: O sistema GSM é un estándar internacional de telecomunicacións dixitais móbiles, que utiliza o concepto de comunicación por circuítos. Nel, a voz convértese nun sinal dixital codificado e é transmitida ata un terminal encargado de descodificala.
    2. GPRS: O sistema GPRS está baseado na comunicación de paquetes e non de circuítos, como era o caso do sistema GSM. Con este sistema non é necesario dispoñer dunha canle exclusiva para cada usuario, xa que as canles poden ser compartidas.
    3. UMTS: O sistema de comunicación UMTS traballa cunha frecuencia moi alta (2 GHz), que posibilita unha taxa de transmisión de información de 2 Mbps. Con esa alta taxa é posible transmitir voz e datos á vez, e mesmo sinal de TV e videocámara.
      






    • Se clicas aqui entraras nunha paxina con información sobre os dispositivos de comunicación